O domingo día 18 de Xullo terá lugar a II Ruta BTT Mancomunidade Terra de Celanova.
REGULAMENTO XERAL DE OBRIGADO CUMPRIMENTO
Art.1. A II Ruta BTT Mancomunidade Terra de Celanova está aberta a todo aquel que dispoña da maioría de idade ou 16 anos con autorizacións de pais ou titores e que teña completado satisfactoriamente o proceso de inscrición.
Art2. Conta cun recorrido de dificultade media-alta de aproximadamente 50 km. A Mancomunidade Terra de Celanova como organizador do evento, reservase o dereito de modificar o recorrido cando as circunstancias ou autoridades así o recomenden. A saída oficial da ruta será ás 9.00 horas e o peche do control será ás 14.30 horas.
Art3. Pódese facer a preinscripción en:
http://www.terradecelanova.es/index.php?option=com_artforms&formid=1&Itemid=95.
O ingreso deberá realizarse no número de conta:
2080-0292-91-0040038650 da entidade CAIXANOVA
por un importe de 15 euros, facendo constar o nome, apelidos e DNI do participante. Ningunha inscripción se considerará en firme ata que non se efectúe o pago da mesma.
O pago deste importe da dereito a participar na ruta BTT, portando obligatoriamente o dorsal, a acceder ás duchas ó termino da mesma, a recibir un obsequio conmemorativo da súa participación (mochila de hidratación), a repoñer enerxías cun xantar na zona sinalada paro o mesmo (Hostal*** O Miradoiro), a un sorteo dun fin de semana nun hotel rural para duas persoas (Hostal*** O Miradoiro), tres entradas dobles para a “Festa da carne cachena” o 21 de agosto de 2010 en Quintela de Leirado, un cullotte de tirantes, dúas ceas dobles no restaurante “A Palleira” (Ourense), unha cea doble no restaurante “O Colmear” (Pereiro de Aguiar), unha cea doble no restaurante “O Muiñeiro” (Barbadás), unha cea doble no restaurante “O Pozo” (A Cañiza), un vale por dúas tablas mixtas e unha botella de viño no restaurante “A despensa galega” (Ourense), unha cea doble na tapería “San Rosendo” (Celanova) e a disfrutar das instalacións das piscinas municipais de Quintela de Leirado gratuitamente nese día. Os acompañantes tamén poderán acceder a comida previo pago de 6 euros na mesma conta indicando nome, apelidos e a referencia “acompañante”.
Art4. Os participantes poderán inscribirse por correo, enchendo a ficha de inscripción e enviandoa a Mancomunidade “Terra de Celanova” Barrio da Ermida nº39/baixo 32800 Celanova –Ourense xunto co xustificante bancario, tamén se poderá facer vía mail mandando ambos impresos a dirección terradecelanovasaudable@hotmail.com, por fax o 988451646 (verificar envío) ou nas oficinas da Mancomunidade. Tamén se poderán inscribir no lugar da proba sempre e cando non se sobrepase o número máximo de participantes (200) ata 30 minutos antes do comenzo da mesma. Calquera duda ou aclaración podese resolver chamando o telefono 988451646 (preguntar por Nazaret ou Victor quenes aclararan as peticións correspondentes).
Art5. Poderase efectuar a recollida de dorsais:
- 1. Das 9.00 a 14.00 na Mancomunidade Terra de Celanova (Barrio da Ermida, nº39/baixo – Celanova).
- 2. No control de saída, situado en Quintela de Leirado, na porta do concello (Leirado s/n) entre as 8.15 e as 8.55 horas do propio día 18 de xullo.
Art6. Todo participante inscrito está obrigado a levar casco e a seguir as indicacións dos axentes da autoridade e o persoal da organización habilitado.
Art7. Todo participante deberá situarse por detrás do vehículo da organización que se identifique como de apertura da proba, non rebasalo en ningún caso.
A organización declina toda responsabilidade naqueles casos que por falta de cumprimento do presente regulamento, da Lei de seguridade vial, así coma das instruccións dadas polo persoal habilitado pola organización, se poideran producir danos físicos ou morais, propios ou a terceiros, así coma outro tipo de prexuicios ou accidentes que por estas causas se poideran ocasionar.
A organización resérvase o dereito de emprender as accións que consideren pertinentes naquela persoa que non presente o comportamento debido ou faga caso omiso as indicacións que reciba por parte dos membros habilitados pola organización.
Art8. A Ruta BTT ten un carácter lúdico polo que non se realizará ningún tipo de clasificación, nin mención especial de orden de chegada considerando que tódolos participantes oficialmente inscritos e que realicen o percorrido completo son os verdadeiros vencedores deste evento deportivo.
Art9. A bicicleta que se utilizará será de montaña e, recoméndase levar vestimenta adecuada e bote de auga.
Art10. A aceptación (inscribíndose) do presente regulamento implica que o participante da o seu consentimento á Organización para que poida utilizar a súa imaxe para a promoción e difusión da Ruta BTT da Mancomunidade Terra de Celanova en tódalas súas formas (internet, carteis, medios de comunicación, etc).
Art.11. Os avituallamentos serán:
1. Líquido + sólido
2. Líquido + sólido
3. Líquido + sólido (á chegada)
Art12. O feito de inscrición nesta proba supón a aceptación do presente regulamento e a renuncia a tódolos dereitos contra a Organización.
Art.13. Recoméndase levar o día da proba a seguinte documentación: DNI, xustificante da inscrición, xustificante de pago e confirmación de envío de fax.
A saída e a chegada da marcha será no concello de Quintela de Leirado. O percorrido trazado será polos concellos de Quintela de Leirado, Ramirás, Celanova, Verea e Quintela de Leirado apreciando as paisaxes esplendorosas e inolvidables con grandes cimas coma Penegache, San Paio dos Pitos etc...O percorrido será mixto alternando estrada e sendeiro.