Conta cun percorrido de dificultade media-alta de aproximadamente 37 Km. A saída oficial da ruta será ás 9.00 horas e o peche do control será ás 14.30 horas.
Pódese facer a inscrición ata o xoves día 4 de xullo de tres xeitos:
1) Na web: www.championchipnorte.com pagando por TPV virtual totalmente seguro.
2) Na páxina web da Mancomunidade Terra de Celanova, www.terradecelanova.es, cubrindo o formulario e realizando o pago no número de conta (indicando nome apelidos e DNI):
2080-0292-91-0040038650 da entidade NOVAGALICIABANCO
3) Nas oficinas da Mancomunidade Terra de Celanova
Calquera dúbida ou aclaración pode resolverse chamando o teléfono 988451646 ou vía mail: terradecelanovasaudable@hotmail.com
Ningunha inscrición se considerará en firme ata que non se efectúe o pago da mesma.
Os obsequios desta edición son un bolso de deporte para que poidades usar en todas as rutas ou marchas, e un foco LED para o manillar ou a tija do sillín; ten tres intensidades de luz: fixa, parpadeo rápido e parpadeo lento. Gustounos moito e esperamos que a vós tamén!
Máis info, en:
http://www.terradecelanova.es/index.php?option=com_content&task=view&id=217&Itemid=87